jueves, 24 de marzo de 2011

miércoles, 23 de marzo de 2011

viernes, 18 de marzo de 2011

jueves, 17 de marzo de 2011

jueves, 10 de marzo de 2011

Dispositivos da comunicación. Redes.


  • Redes locais: É un conxunto de PCs conectados entre si, coa finalidade de compartir recursos e información. Todos os PCs e dispositivos dunha rede están conectados fisicamente mediante un cableado que os percorre un a un; a conexión deste cable a cada PC depende do tipo de cable empregado, pero sempre se realiza a través da tarxeta de rede, ademais desta tarxeta, é necesario que todos os PCs dispoñan do software axeitado, denominado software de rede, que permite compartir os dispositivos conectados á rede. O protocolo mais utilizado era Ethernet, aínda que o mais frecuente é TCP/IP, ás redes que utilizan este protocolo chámaselles intranets.
  • Topoloxía dunha rede.
    *Rede en anel.é unha rede pechada, na que todos os PCs están conectados a ela. A información circula nun sentido, e cada PC analiza se el é o destinatario, de non ser así déixaa pasar ata que chegue ao seguinte, e así sucesivamente.
    *Rede en estrela.
    Os PCs non están unidos directamente entre eles, senón que o fan a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable, segura e cunha velocidade de transmisión alta.
    *hub e switch.Un hub é un dispositivo ao cal chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e cada dispositivo, e actúa de ponte entre todos eles; cando un PC envía información, o hub reenvíaa a todos, para que o destinatario a tome e o resto a desbote.
    Un switch, ao igual que un hub actúa de ponte entre todos os dispositivos da rede, ademais é capaz de identificar cada PC e dispositivo conectado, polo que non envía información a todos eles, senón ao destinatario.
  • Cableado dunha rede local.
    *Cableado coaxial.Está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. Pode alcanzar velocidade de transmisión media e actualmente está en desuso.
    *Cableado UTP. Está constituído por catro pares de fios dentro dunha mesma camisa; cada par de fios está trenzado para evitar a interferencia eléctrica dos outros pares. Permite alcanzar unha boa velocidade.
    *Cableado de fibra óptica. Transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro, polo que non lle afectan as correntes eléctricas externas. Constan de dous fios de fibra de vidro protexidas por fibras de Kevlar e capas de plástico. Alcanza velocidades de transmisión moi elevadas.
  • Redes inarámicas.Tamén se denominan WiFi, os usuarios conéctanse sen as limitacións que impón un cable, xa que os seus datos se transmiten polo aire; deste modo, conséguese gran liberdade de movementos.
    As tecnoloxías sen cables encóntranse en continua investigación, y baséanse tanto en ondas de raio coma en microondas para transmitir información. A velocidade de transmisión é baixa e varía segundo os protocolos utilizados, que van evolucionando ata velocidades algo máis altas.
  • Redes externas. Internet.Unha rede externa é un conxunto de ordenadores conectados entre si cuxa situación física pode estar en diferentes edificios, localidades e mesmo en países; dada a súa amplitude considérase xa como unha rede global.
    En caso de querer conectar un equipo a unha rede externa, e posto que non existe un cableado como nunha rede local, se necesitan outras vías diferentes para a conexión, a máis frecuente segue sendo a utilización da rede telefónica.
  • Redes privadas virtuais.Son un tipo de redes especiais, posto que utilizan a infraestrutura dunha rede externa (internet), pero agregan unha serie de medidas de seguridade entre os ordenadores conectados de modo que a súa comunicación poida chegar a ser privada.
  • Conexión a través dunha liña telefónica.
    *Módems:
    Son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a través dunha liña telefónica convencional RTC (Rede Telefónica Conmutada). A súa misión consiste en modular (converter) o sinal dixital do ordenador en analóxica e demodular o sinal analóxico recibido para convertela en sinal dixital.
    *Tarxetas RDSI:
    Ademais das liñas telefónicas convencionais hoxe outras denominadas RDSIS. Entre as súas vantaxes fronte a RTC destacan a velocidade de transmisión e o feito de que a información que viaxa por ela é dixital, non analóxica. Estas liñas dispoñen de varias canles, polo que a conexión a internet non impide que se poida realizar ou recibir chamadas telefónicas.
    *Módems ADSL:
    Permiten transferir datos a distintas velocidades, sendo sempre maior a velocidade de recepción que a de envío, de aí o termo asimétrica no seu nome. Para poder realizar a conexión a través dunha liña ADSL, é necesario dispoñer dun modem especial, denominado modem ADSL.
    *Router :
    Permite unir ordenadores coma se fose un hub ou switch. Posto que un router é capaz de buscar o camiño para poñer en contacto dous ordenadores que se queiran conectar, mesmo se estes están en distintas redes. Este último é o motivo polo que existen router ADSL que permiten realizar a conexión a internet a través da liña telefónica.
    Tamén se encarga de que a información que pase por el non sexa enviada a todos os ordenadores conectados, senón unicamente aos seus destinatarios, evitando deste modo que exista transferencia de información innecesaria pola rede.
  • Conexión a través de cable: Con este tipo de conexión conséguense altas taxas de transmisión. O inconveniente é que necesita unha infraestrutura (cableado) que non en todas as zonas xeográficas está dispoñible. A conexión non se establece directamente entre usuario e provedor, senón que se trata dunha conexión multipunto, na cal moitos usuarios comparten o mesmo cable, motivo polo que diminúe a taxa de transferencia a medida que se conectan outros usuarios ao mesmo cable. Para poder realizar a conexión a través de cable, é necesario un modem-cable.
  • Conexión vía satélite: A conexión vía satélite é outra alternativa para acceder a internet, trátase dunha conexión híbrida, posto que o usuario recibe información vía satélite pero envía por un sistema terrestre ( RTC, RDSI, xDLS,cable...). A filosofía é que o usuario aproveite a alta velocidade da conexión vía satélite para recibir grandes bloques de información, e que utilice calquera outra conexión terrestre para a petición de páxinas, o envío de correos electrónicos..., que representen un volume pequeno de información.
  • Conexión por ondas radioelétricas: É semellante a conexión dun ordenador nunha rede de área local inalámbrica, tamén é posible acceder a internet mediantes ondas eléctricas, o que supón un abandono do punto de conexión específico e unha liberación en canto a movilidade. A este sistema coñéceselle coas siglas LMDS, que fan alusión á existencia de multiplos puntos (antenas) con os que os usuarios establecen a comunicación.
  • Conexión móbil.
    *GSM:
    É un estándar internacional dende comunicacións dixitais móbiles que utiliza o concepto de comunicación por circuítos. A voz convértese en nun sinal dixital codificado e é transmitida ata un terminal encargado de descodificala.
    *GPRS:
    Está baseado na conmutación de paquetes e non de circuítos, como era o caso do sistema GSM. Con este sistema non é necesario dispoñer dunha canle exclusiva para cada usuario, xa que as canles poden ser compartidas. A conexión realízase no momento no que o cliente o solicita; ademais se o fluxo de transmisión é elevado, un mesmo usuario pode utilizar varias canles.
    *UMTS:
    Traballa con unha frecuencia moi alta, que posibilita unha tasa de transmisión de información de 2 Mbps. Con esta tasa é posible transmitir voz e datos a vez, e incluso sinal de TV e videoconferencias. A transmisión de información realízase por conmutación de paquetes. Unha característica particular do sistema UMTS é que permite estar conectado á rede de forma permanente. Tanto nos sistemas GPRS como UMTS, a facturación non se realiza por tempo de conexión, senon por volume de datos transmitidos.




Fai click aqui para máis información.