viernes, 8 de abril de 2011

martes, 5 de abril de 2011

jueves, 24 de marzo de 2011

miércoles, 23 de marzo de 2011

viernes, 18 de marzo de 2011

jueves, 17 de marzo de 2011

jueves, 10 de marzo de 2011

Dispositivos da comunicación. Redes.


  • Redes locais: É un conxunto de PCs conectados entre si, coa finalidade de compartir recursos e información. Todos os PCs e dispositivos dunha rede están conectados fisicamente mediante un cableado que os percorre un a un; a conexión deste cable a cada PC depende do tipo de cable empregado, pero sempre se realiza a través da tarxeta de rede, ademais desta tarxeta, é necesario que todos os PCs dispoñan do software axeitado, denominado software de rede, que permite compartir os dispositivos conectados á rede. O protocolo mais utilizado era Ethernet, aínda que o mais frecuente é TCP/IP, ás redes que utilizan este protocolo chámaselles intranets.
  • Topoloxía dunha rede.
    *Rede en anel.é unha rede pechada, na que todos os PCs están conectados a ela. A información circula nun sentido, e cada PC analiza se el é o destinatario, de non ser así déixaa pasar ata que chegue ao seguinte, e así sucesivamente.
    *Rede en estrela.
    Os PCs non están unidos directamente entre eles, senón que o fan a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable, segura e cunha velocidade de transmisión alta.
    *hub e switch.Un hub é un dispositivo ao cal chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e cada dispositivo, e actúa de ponte entre todos eles; cando un PC envía información, o hub reenvíaa a todos, para que o destinatario a tome e o resto a desbote.
    Un switch, ao igual que un hub actúa de ponte entre todos os dispositivos da rede, ademais é capaz de identificar cada PC e dispositivo conectado, polo que non envía información a todos eles, senón ao destinatario.
  • Cableado dunha rede local.
    *Cableado coaxial.Está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. Pode alcanzar velocidade de transmisión media e actualmente está en desuso.
    *Cableado UTP. Está constituído por catro pares de fios dentro dunha mesma camisa; cada par de fios está trenzado para evitar a interferencia eléctrica dos outros pares. Permite alcanzar unha boa velocidade.
    *Cableado de fibra óptica. Transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro, polo que non lle afectan as correntes eléctricas externas. Constan de dous fios de fibra de vidro protexidas por fibras de Kevlar e capas de plástico. Alcanza velocidades de transmisión moi elevadas.
  • Redes inarámicas.Tamén se denominan WiFi, os usuarios conéctanse sen as limitacións que impón un cable, xa que os seus datos se transmiten polo aire; deste modo, conséguese gran liberdade de movementos.
    As tecnoloxías sen cables encóntranse en continua investigación, y baséanse tanto en ondas de raio coma en microondas para transmitir información. A velocidade de transmisión é baixa e varía segundo os protocolos utilizados, que van evolucionando ata velocidades algo máis altas.
  • Redes externas. Internet.Unha rede externa é un conxunto de ordenadores conectados entre si cuxa situación física pode estar en diferentes edificios, localidades e mesmo en países; dada a súa amplitude considérase xa como unha rede global.
    En caso de querer conectar un equipo a unha rede externa, e posto que non existe un cableado como nunha rede local, se necesitan outras vías diferentes para a conexión, a máis frecuente segue sendo a utilización da rede telefónica.
  • Redes privadas virtuais.Son un tipo de redes especiais, posto que utilizan a infraestrutura dunha rede externa (internet), pero agregan unha serie de medidas de seguridade entre os ordenadores conectados de modo que a súa comunicación poida chegar a ser privada.
  • Conexión a través dunha liña telefónica.
    *Módems:
    Son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a través dunha liña telefónica convencional RTC (Rede Telefónica Conmutada). A súa misión consiste en modular (converter) o sinal dixital do ordenador en analóxica e demodular o sinal analóxico recibido para convertela en sinal dixital.
    *Tarxetas RDSI:
    Ademais das liñas telefónicas convencionais hoxe outras denominadas RDSIS. Entre as súas vantaxes fronte a RTC destacan a velocidade de transmisión e o feito de que a información que viaxa por ela é dixital, non analóxica. Estas liñas dispoñen de varias canles, polo que a conexión a internet non impide que se poida realizar ou recibir chamadas telefónicas.
    *Módems ADSL:
    Permiten transferir datos a distintas velocidades, sendo sempre maior a velocidade de recepción que a de envío, de aí o termo asimétrica no seu nome. Para poder realizar a conexión a través dunha liña ADSL, é necesario dispoñer dun modem especial, denominado modem ADSL.
    *Router :
    Permite unir ordenadores coma se fose un hub ou switch. Posto que un router é capaz de buscar o camiño para poñer en contacto dous ordenadores que se queiran conectar, mesmo se estes están en distintas redes. Este último é o motivo polo que existen router ADSL que permiten realizar a conexión a internet a través da liña telefónica.
    Tamén se encarga de que a información que pase por el non sexa enviada a todos os ordenadores conectados, senón unicamente aos seus destinatarios, evitando deste modo que exista transferencia de información innecesaria pola rede.
  • Conexión a través de cable: Con este tipo de conexión conséguense altas taxas de transmisión. O inconveniente é que necesita unha infraestrutura (cableado) que non en todas as zonas xeográficas está dispoñible. A conexión non se establece directamente entre usuario e provedor, senón que se trata dunha conexión multipunto, na cal moitos usuarios comparten o mesmo cable, motivo polo que diminúe a taxa de transferencia a medida que se conectan outros usuarios ao mesmo cable. Para poder realizar a conexión a través de cable, é necesario un modem-cable.
  • Conexión vía satélite: A conexión vía satélite é outra alternativa para acceder a internet, trátase dunha conexión híbrida, posto que o usuario recibe información vía satélite pero envía por un sistema terrestre ( RTC, RDSI, xDLS,cable...). A filosofía é que o usuario aproveite a alta velocidade da conexión vía satélite para recibir grandes bloques de información, e que utilice calquera outra conexión terrestre para a petición de páxinas, o envío de correos electrónicos..., que representen un volume pequeno de información.
  • Conexión por ondas radioelétricas: É semellante a conexión dun ordenador nunha rede de área local inalámbrica, tamén é posible acceder a internet mediantes ondas eléctricas, o que supón un abandono do punto de conexión específico e unha liberación en canto a movilidade. A este sistema coñéceselle coas siglas LMDS, que fan alusión á existencia de multiplos puntos (antenas) con os que os usuarios establecen a comunicación.
  • Conexión móbil.
    *GSM:
    É un estándar internacional dende comunicacións dixitais móbiles que utiliza o concepto de comunicación por circuítos. A voz convértese en nun sinal dixital codificado e é transmitida ata un terminal encargado de descodificala.
    *GPRS:
    Está baseado na conmutación de paquetes e non de circuítos, como era o caso do sistema GSM. Con este sistema non é necesario dispoñer dunha canle exclusiva para cada usuario, xa que as canles poden ser compartidas. A conexión realízase no momento no que o cliente o solicita; ademais se o fluxo de transmisión é elevado, un mesmo usuario pode utilizar varias canles.
    *UMTS:
    Traballa con unha frecuencia moi alta, que posibilita unha tasa de transmisión de información de 2 Mbps. Con esta tasa é posible transmitir voz e datos a vez, e incluso sinal de TV e videoconferencias. A transmisión de información realízase por conmutación de paquetes. Unha característica particular do sistema UMTS é que permite estar conectado á rede de forma permanente. Tanto nos sistemas GPRS como UMTS, a facturación non se realiza por tempo de conexión, senon por volume de datos transmitidos.




Fai click aqui para máis información.

martes, 15 de febrero de 2011

Dispositivos de almacenamento

9.- Dispositivos de almacenamiento
  • Discos magnéticos: Os discos magnéticos gardan a información en superficies (discos) de natureza magnética. Antes de poder utilizar un deber ser preparado (formatado) para que poida recibir a información.
    O disco flexible era o soporte de alm
    acenamento (magnético) que se utilizaba para transportar información dun PC a outro. Os discos flexibles máis utilizados eran os denominados discos de 3 1/2, aínda que había outros como os discos ZIP con capacidade de 100, 200 ou 750 MB e os Superdisk LS-x con capacidades de 120 ou 240 MB. Os discos duros están formados por un conxunto de discos amoreados cun eixe en común; entre eles están situadas as cabezas de lectura-escritura de maneira que poidan ler e escribir nas dúas caras de cada disco.
    Ao igual que os discos flexibles,
    a información almacénase en cada unha das superficies magnéticas dun disco; o número de discos e a composición do material magnético determinan a capacidade do disco duro (200, 400 ou 500 GB, mesmo 1TB).

Os discos magnéticos divídense en:
  1. Caras: superficie superior e inferior de cada disco.
  2. Pistas: son os círculos concéntricos en que se divide cada cara do disco.
  3. Sectores: as divisións que se fan en cada pista; todos os sectores do mesmo disco teñen a mesma capacidade.
  4. Cilindros: son os distintos conxuntos de pistas situadas na mesma posición de cada disco, (é o caso dos discos duros)
  • Discos ópticos:
  1. CD-ROM: contén información que só pode ser lida, polo que se utiliza para almacenar información que non teña que ser modificada. A información dun CD-ROM está almacenada nunha soa cara seguindo unha pista única en forma de espiral que comeza no centro do disco e remata no bordo exterior; esta pista está dividida en sectores. A superficie é de aluminio reflectante e esta recuberta dun material plástico que a protexe, alterna zonas lisas e marcas que representan aos dous díxitos binarios (1 e 0).
  2. CD grabables e regrabables: Aos discos grabables e regrabables denomínaselles CD R. Ademais hai outros discos que poden ser gravados varias veces; borrando en cada gravación a información que existira con antelación; a estes denomínaselles CD RW.
  3. DVD ROM:Son semellantes ás CD-ROMS, pero a súa capacidade é moito maior, a cal consegue aumentando a densidade de escritura, aproveitando as dúas caras do disco e almacenando en cada cara información en varias caras superpostas.
  4. DVD grabables e regrabables:


    • DVD-R: discos que permiten unha soa grabación; poden ser dunha capa (4,7GB) ou de dobre capa (8,5GB).
    • DVD-RW: discos que permiten ser grabados varias veces; tamén poden ser de capa simple ou capa dobre.
    • DVD+R: discos dun só uso, similar aos DVD-R, pero según os seus creadores, con máis compatibilidade respecto ós DVD-ROM e DVD-Video convencionais.
    • DVD+RW: discos regrabables similares ós DVD-RW pero coa compatibilidade dos DVD+R, poden ser de capa simple ou dobre.
  5. Blu-Ray: é un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro, para vídeo de gran definición e almacenamento de datos de alta densidade. A súa capacidade de almacenamento chega a 25GB por capa. O disco Blu-ray fai uso dun raio láser de cor azul, xunto con outros avances tecnolóxicos, permite almacenar substancialmente máis información que o DVD nun disco das mesmas dimensións e aspecto externo.
  • Discos magneto-ópticos: Estes discos utilizan unha tecnoloxía mixta: magnética e óptica. A súa gran vantaxe é que permiten almacenar unha gran cantidade de información mediante a técnica óptica, pero, ademais, os datos poden ser modificados e borrados grazas á tecnoloxía magnética.

    A superficie dun disco magnético-óptico está constituída por unha aliaxe de metal cristalino sobre unha superficie de aluminio (encargada de reflectir posteriormente o láser); ambas as dúas están situadas entre dúas capas de plástico que as protexen.
    Á hora de gravar ou modificar información, o láser quenta unha pequena porción de superficie da
    aliaxe cristalina, liberando aos cristais o suficiente para permitirlles o movemento. O campo magnético é capaz de orientalos para que cambien a súa posición e poder así representar os díxitos (1 e 0) correspondentes á nova información.
    A lectura de información realízase do mesmo modo que nun disco óptico; a orientación dos cristais fai que o raio de luz se reflicta ou non na dirección determinada para que sexa detectada por un sensor e poida converterse en información dixital (0 e 1).


  • Dispositivos de almacenamento basados en memoria FLASH: A memoria flash, inicialmente utilizadas para almacenar os datos da BIOS do PC, popularizáronse e o seu uso xeneralizouse ata o punto de que cada vez son máis os dispositivos de almacenamento que utilizan esta tecnoloxía.

    As características máis sobresaíntes destes dispositivos son o seu reducido tamaño e a non necesidade dunha pila ou batería que subministre enerxía á memoria para manter a gravación. A vida dunha memoria flash non é indefinida: cífranse entre 100.000 e 1.000.000 as veces que se poderá gravar información nela.

    A memoria flash esta constituída por celas nas que se garda a información que se quere almacenar. Cada cela é como un transistor convencional, pero cunha porta adicional é a encargada da carga de información. Non é unha memoria RAM posto que nese caso necesitaría enerxía de forma permanente para non perder os datos.

Para visitar unha páxina con máis información fai clic
k aquí

martes, 8 de febrero de 2011

dispositivos de entrada e saída

7. DISPOSITIVOS DE ENTRADA E SAÍDA.
  • Dispositivos de entrada.
Os dispositivos de entrada permiten introducir información dende ou exterior ou ordenador.

* Rato: permite transmitir información ou ordenador de dous modos: desprzandoo pola superficie para provocar ou movemento na pantalla, e pulsando vos seus botons para realizar certas accións en fución de onde estea colocado ou indicador.
* Teclado: É ou máis frecuente de introducir información non ordenador. Hai teclados con posibilidades de conectalos en distintos portos e mesmo con transmisión d edatos por infravermellos.
* Lectores de códigos de barras: Os códigos de barras son un conxunto de de liñas verticais de cor negro de distintos grosores. Solen utilizarse en supermercados, almacéns, tendas, etc., para indicar vos produtos. Os lectores de códigos de barras son capaces de interpretar dita secuencia de barras permitindo ou ordenador identificar ou produto.
* Escáner: É un dispositivo que permite introducir información dende documentos en papel: imaxes, debuxos, fotografías...
* Joystick: Utilízase para vos videoxogos, introduce non ordenador vos movementos efectuados sobre unha panca e algunhas ordes mediante a pulsación de botóns.
* Cámaras dixitalizadoras: Úsanse para facer debuxos e gráficos con gran precisión, son frecuentes en aplicacións de debuxo.
* Lectores de bandas magnéticas: O seu uso está cada día máis extendida(tarxetas de crédito, tarxetas de identificación persoal,etc.) son capaces de ler información en dita banda.
* Pantallas táctiles: Ademáis de mostrar información ofrecen a posibilidade de introducir información con por un dedo na súa superficie.
* Tablet PC: Constitúen a última evolución dous portátiles ou PDA, solen ter unha pantalla de 10" que serve para introducir datos dunha forma semellante á PDA.
* Cámaras dixitais: Permiten introducir imaxes e videos non ordenador, cuias imaxes poden descargarse ou ordenador para ser manipuladas.
* Micrófono: Este instrumento tamén pode ser un dispositivo de entrada sempre e cando se teña unha tarxeta de sonno ordenador. Tamén co software específico de recoñecemento de voz, ditar ou contido do documentoou dar ordes ou ordenador.
  • Dispositivos de saída.
Permiten obter resultados dás seguintes maneiras: visibles na pantalla, imprimidos en papel, transparencia ou microfilme, etc.

* Monitores convencionales(CRT): Baséase na utilización dun tubo de raios catódicos que envía, dende ou fondo cara á pantalla, inha corrente de electróns que ou chocar cunha superficie de material fosforescente situada na parte interior dá pantalla, a ilumina formando ás imaxes.
* Pantallas planas de cristal líquido (LCD): Utilizan millóns de celas de cristal líquido que se polarizan e permiten ou paso de determinados raios, que compoñen a imaxe do monitor.
* Pantallas planas TFT: Están constituídas por unha matriz de millóns de puntos; cada punto é un transistor que actúa de forma independente, co seu cor, brillo, ton, etc., e ou conxunto de todos eles conforman a imaxe.
* Monitores de plasma: Baseados na utilización de dun gas (plasma) que, en cada un dous puntos (pixeis) dá pantalla que adquire a cor, ou brillo, etc., para formar a imaxe.
  • Resolución dun monitor
A resolución dun monitor depende do número de puntos (pixeis), que se obtén como produto do número de liñas (filas) polo número de pixeis de cada unha delas (columnas); ademais, o número de cores tamén inflúe na calidade da imaxe. Os dous parámetros anteriores obrigan a que tanto a tarxeta de vídeo coma o monitor sexan compatibles porque, pola contra, a imaxe non se vería ou sairía deforme.A resolución dun monitor indícase utilizando a seguinte nomenclatura: n.º columnas * n.º filas. Ex: 1024*768. Por outra parte, para que unha imaxe se mostre cun número determinado de cores, necesítase unha cantidade de bits que dean a información de cada pixel. Para saber ou número de pixeis para algúns niveis de cor utilízase a fórmula de 2 elevado ao número de pixeis.
  • A frecuencia dun ordenador
A frecuencia indica o número de veces que mostra as imaxes nun segundo, se o valor é baixo a imaxe vibrará e a vista teña que esforzarse mais do habitual (cansazo visual).
  • Impresoras
As impresoras permiten obter a información imprimida en distintos soportes físicos: papel, transparencia, etc. A calidade dunha impresora mídese en ppp (puntos por polgada) ou dpi (dots per inch), en canto á velocidade pódese medir cps (carácteres por segundo) ou o máis frecuente ppm (páxinas por minuto).
* Impresoras de margarida ou matraciales: Estas impresoras xa en desuso baseaban a impresión no golpeo sobre unha fita impregnada de tinta que, ao tomar contacto co papel, marcaba a información.
* Impresoras térmicas: Estas impresoras basean o seu funcionamento na tinguidura do papel mediante un proceso térmico.
* Impresoras láser: Estas impresoras utilizan unha tecnoloxía similar ao das fotocopiadoras. Son bastante máis rápidas e permiten obter resultados de alta calidade.
* Impresoras de chorro de tinta: Estas impresoras son as máis utilizadas entre os usuarios, trátase de impresoras de cor que obteñen a impresión pola inxección de tinta líquida a través de cabezais.
  • Plotter
Trátase dun dispositivo que se utiliza nas aplicacións de deseño artístico por ordenador, xa que permiten imprimir planos, debuxos técnicos, mapas, deseños industriais...
Un plotter está constituído por un brazo robótico, en cuxo extremo se encontra unha plumiña; a gran diferenza respecto ás impresoras é que realiza debuxos con trazos continuos, conseguindo así figuras de gran calidade.
  • Microfilme COM (Computer Output in Microfilme)

Esta técnica utilízase en bancos e bibliotecas, xa que permite almacenar información nun espazo moi reducido.
As páxinas de información son fotografadas mediante unha cámara especial e transfórmanse en imaxes de 1,5 cm ao cadrado que son agrupados en fichas. Para poder ler a información dunha ficha necesítase un lector de microfichas, que ampla unha imaxe ampliada dela nunha pantalla.



Video sobre dispositivos de entrada e saída:

Para ir a unha páxina donde fala dos dispositivos de entrada e saída fai click aquí.

jueves, 20 de enero de 2011

TEMA 5: Tratamento de textos