martes, 15 de febrero de 2011

Dispositivos de almacenamento

9.- Dispositivos de almacenamiento
  • Discos magnéticos: Os discos magnéticos gardan a información en superficies (discos) de natureza magnética. Antes de poder utilizar un deber ser preparado (formatado) para que poida recibir a información.
    O disco flexible era o soporte de alm
    acenamento (magnético) que se utilizaba para transportar información dun PC a outro. Os discos flexibles máis utilizados eran os denominados discos de 3 1/2, aínda que había outros como os discos ZIP con capacidade de 100, 200 ou 750 MB e os Superdisk LS-x con capacidades de 120 ou 240 MB. Os discos duros están formados por un conxunto de discos amoreados cun eixe en común; entre eles están situadas as cabezas de lectura-escritura de maneira que poidan ler e escribir nas dúas caras de cada disco.
    Ao igual que os discos flexibles,
    a información almacénase en cada unha das superficies magnéticas dun disco; o número de discos e a composición do material magnético determinan a capacidade do disco duro (200, 400 ou 500 GB, mesmo 1TB).

Os discos magnéticos divídense en:
  1. Caras: superficie superior e inferior de cada disco.
  2. Pistas: son os círculos concéntricos en que se divide cada cara do disco.
  3. Sectores: as divisións que se fan en cada pista; todos os sectores do mesmo disco teñen a mesma capacidade.
  4. Cilindros: son os distintos conxuntos de pistas situadas na mesma posición de cada disco, (é o caso dos discos duros)
  • Discos ópticos:
  1. CD-ROM: contén información que só pode ser lida, polo que se utiliza para almacenar información que non teña que ser modificada. A información dun CD-ROM está almacenada nunha soa cara seguindo unha pista única en forma de espiral que comeza no centro do disco e remata no bordo exterior; esta pista está dividida en sectores. A superficie é de aluminio reflectante e esta recuberta dun material plástico que a protexe, alterna zonas lisas e marcas que representan aos dous díxitos binarios (1 e 0).
  2. CD grabables e regrabables: Aos discos grabables e regrabables denomínaselles CD R. Ademais hai outros discos que poden ser gravados varias veces; borrando en cada gravación a información que existira con antelación; a estes denomínaselles CD RW.
  3. DVD ROM:Son semellantes ás CD-ROMS, pero a súa capacidade é moito maior, a cal consegue aumentando a densidade de escritura, aproveitando as dúas caras do disco e almacenando en cada cara información en varias caras superpostas.
  4. DVD grabables e regrabables:


    • DVD-R: discos que permiten unha soa grabación; poden ser dunha capa (4,7GB) ou de dobre capa (8,5GB).
    • DVD-RW: discos que permiten ser grabados varias veces; tamén poden ser de capa simple ou capa dobre.
    • DVD+R: discos dun só uso, similar aos DVD-R, pero según os seus creadores, con máis compatibilidade respecto ós DVD-ROM e DVD-Video convencionais.
    • DVD+RW: discos regrabables similares ós DVD-RW pero coa compatibilidade dos DVD+R, poden ser de capa simple ou dobre.
  5. Blu-Ray: é un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro, para vídeo de gran definición e almacenamento de datos de alta densidade. A súa capacidade de almacenamento chega a 25GB por capa. O disco Blu-ray fai uso dun raio láser de cor azul, xunto con outros avances tecnolóxicos, permite almacenar substancialmente máis información que o DVD nun disco das mesmas dimensións e aspecto externo.
  • Discos magneto-ópticos: Estes discos utilizan unha tecnoloxía mixta: magnética e óptica. A súa gran vantaxe é que permiten almacenar unha gran cantidade de información mediante a técnica óptica, pero, ademais, os datos poden ser modificados e borrados grazas á tecnoloxía magnética.

    A superficie dun disco magnético-óptico está constituída por unha aliaxe de metal cristalino sobre unha superficie de aluminio (encargada de reflectir posteriormente o láser); ambas as dúas están situadas entre dúas capas de plástico que as protexen.
    Á hora de gravar ou modificar información, o láser quenta unha pequena porción de superficie da
    aliaxe cristalina, liberando aos cristais o suficiente para permitirlles o movemento. O campo magnético é capaz de orientalos para que cambien a súa posición e poder así representar os díxitos (1 e 0) correspondentes á nova información.
    A lectura de información realízase do mesmo modo que nun disco óptico; a orientación dos cristais fai que o raio de luz se reflicta ou non na dirección determinada para que sexa detectada por un sensor e poida converterse en información dixital (0 e 1).


  • Dispositivos de almacenamento basados en memoria FLASH: A memoria flash, inicialmente utilizadas para almacenar os datos da BIOS do PC, popularizáronse e o seu uso xeneralizouse ata o punto de que cada vez son máis os dispositivos de almacenamento que utilizan esta tecnoloxía.

    As características máis sobresaíntes destes dispositivos son o seu reducido tamaño e a non necesidade dunha pila ou batería que subministre enerxía á memoria para manter a gravación. A vida dunha memoria flash non é indefinida: cífranse entre 100.000 e 1.000.000 as veces que se poderá gravar información nela.

    A memoria flash esta constituída por celas nas que se garda a información que se quere almacenar. Cada cela é como un transistor convencional, pero cunha porta adicional é a encargada da carga de información. Non é unha memoria RAM posto que nese caso necesitaría enerxía de forma permanente para non perder os datos.

Para visitar unha páxina con máis información fai clic
k aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario